martes, 22 de septiembre de 2020

Volvemos ... Benvidos: saúde e sorte, compañeiros

 Anuncian chuvias...que non acaban de chegar, cambio de tempo, cambio de ánimo e disposición...

Expectativas.

Dispostos a volver. collemos folgos, preparámonos a disfrutar da estación que se aveciña, con novas cores, novos olores e novos sabores.

Benvidos. Comezamos a singradura, con incertidume, con enerxía, con esperanza e ilusión no porvir...

sentimentos encontrados mais firmes propósitos de servir de apoio aos que nos rodean.

Compartindo vivencias desde estas páxinas.

Para empezar retomamos a reflexión e traballo con refráns comezada no curso pasado.

Para estes días son axeitados por ex. estes:

San Miguel das uvas maduras, moito me tardas e pouco me duras, En setembro, vendima correndo. Setembro ou leva as pontes ou seca as fontes. Temperá é a castaña que por setembro regaña. 



                                           Choupín choupiñeiro, onde está o teu compañeiro?
                                           (normalmente os cogomelos medran en grupo)


                                           A horta de outono mantén o seu dono

(É evidente a verdade do refrán como se ve nas fotos tiradas en novembro deste ano)






Tamén vos poño foto dos figos migueleños, todo azucre, que están agora en sazón.




O San Miguel foi o 29 de setembro.

É tempo de apañar as castañas, que foron caendo dos ourizos regañados, de secalas e de facer  o magosto.




Coas primeiras chuvias e co sol de outono vai saíndo o routono e mostran o seu esplendor as derradeiras flores antes das xeadas.







Para os de 2º Bac, vou poñer un enlace ao vídeo sobre a gheada.