miércoles, 27 de noviembre de 2019

Poema "Bonecas rotas", da miña autoría.



Nena fermosa de loura cabeleira...,
dende a infancia vivindo alerta.
Moza en “idade de merecer”,
estreando galas no día da festa.
Embutida en vestidos estreitos,
cintura de avespa, tacóns de agulla,
exhibindo o corpo na pasarela.



Muller dez, muller floreiro,
conservando a figura con eternas dietas.
Recuperándose en tempo récord
despois dun parto …
Recorrendo á cirurxía,
-carne de quirófano-.
Sen poder ser humana.
Non envellece nin lle saen canas.
Ha de ser a “superwoman”,
a eterna “girl”
de riso conxelado para a cámara.



Conciliando...
Só ela ten que conciliar.
Nunca cansa nin precisa ir ao bar.
A de usar e tirar.
Escoitando discursos
dos coleccionistas de trofeos,
mentres serve a cea...
A que colleu anorexia
porque se vía imperfecta.

A que o tiña todo
pero quería máis:
pretendía que a amaran.
Perdeuno todo;
el non podía soportar
que o superase en algo.








Escribín o poema con ocasión da morte da modelo Reeva Steenkamp en Sudáfrica, asasinada polo noivo o día de San Valentín de 2013.

Envieino a un concurso internacional da Uned chamado "Grito de mujer" e publicárono.










No hay comentarios:

Publicar un comentario