sábado, 21 de marzo de 2020

Cultura contra o coronavirus

Nestes días de confinamento da poboación nas casas, varios representantes da cultura galega fixeron propostas para un entretemento produtivo. eu vou salientar dúas: a relativa á música. Máis música galega  https://www.youtube.com/watch?v=S4_TL9PfIsk. https://www.youtube.com/watch?v=VSuS_pdCvSE En segundo lugar, outras relacionadas coa educación.
 Por ex.,  a dos ensinantes da plataforma aulas galegas.org. En particular, para literatura recoméndovos o vídeo de Teresa Seara en vértice de versos.

Máis contidos sobre literatura na rede: podedes ler sobre narrativa actual na obra da ASPG, Enciclopedia Historia da Literatura Galega, etapa contemporánea.

Outros contidos recomendados para segundo de Bac. en aulas galegas.org.: o recurso para repasar os determinantes de Eloi Rodríguez.

Tamén podedes ver a versión en teatro da Esmorga feita por Sarabela Teatro.



Tamén celebramos hoxe o Día Mundial da Poesía, unha efeméride na que podemos participar de diversas formas.
E Miguel Anxo Fernán Vello, destacado poeta e autor teatral lugués, fai recomendacións de lecturas nun artigo de opinión do xornal El progreso.
Este sábado foi o vinte e cinco aniversario do pasamento de Chano Piñeiro, pioneiro do cinema galego. Pode verse en aberto a súa obra Sempre Xonxa.

Tamén podedes estes días ver en aberto a película A esmorga, sobre a obra de Eduardo Blanco Amor.http://editorialgalaxia.gal/pelicula-esmorga-de-balde-para-pasar-mellor-corentena/

Agora tamén se pode ver de balde a película Matria, de Álvaro Gago.

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/matria-alvaro-gago-xa-aberto-rede/20200103134141089141.html

Veña, rapaces, ánimo e a pasar o mellor posible estes duros ías que nos tocou vivir.




No hay comentarios:

Publicar un comentario